Como salvar a lagoa de Baldaio, convertida xa nun cemiterio de peixes

As obras realizaas pola Xunta hai uns anos modificaron a ría e agora buscan como cambiar a situación.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 23/02/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A situación da Lagoa de Baldaio,no Concello de Carballo, é absolutamente insostible. Na bocana da ría, onde está a ponte grande, unhas obras de Costas modificaron hai uns anos a ría, provocando que se fixera un tapón de area que fai de peche da canle que comunicaba a lagoa co mar. A veciñanza da zona leva meses notificando situacións como a que convirte a estrada nun cemiterio de peixes, que ameaza os bancos marisqueiros, e que anega unha serie de vivendas.

Praia de Baldaio
Praia de Baldaio | Fonte: Turismo.gal

Así o corrobora Chus Fdez. Rodríguez, responsable do camping Baldaio que leva vendo a evolución da situación dende hai moitos anos, e lamenta que a falta de acción das das administracións chegue a provocar estas traxedias medioambientais. A realidade é que entre Costas (Ministerio) e Medio Ambiente (Xunta) non parecían poñerse dacordo ata esta semana.

MEDIDAS URXENTES

Este venres, a Xunta anunciaba un plan de medidas urxentes, como é “a apertura da lagoa para evitar futuros asolagamentos nas inmediacións deste espazo natural e que poidan afectar tamén á explotación marisqueira que se fai na zona”. 

Un plan redactado tras unha visita ao espazo de técnicos dos dous departamentos autonómicos (consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Mar) e do Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da Universidade de Santiago. Nos últimos días foron varios os políticos que pasaron pola zona, entre eles, a xefa territorial de Medio Ambiente na Coruña, Cristina Carrión ou o deputado do Bloque, Néstor Rego.

Do medio colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta