Nova acción contra as especies invasoras na área de Lentille para a eliminación de acacias

As Brigadas Deseucaliptizadoras traballarán na recuperación do monte autóctono da comarca ademais de camiños veciñais afectados pola mimosa.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/03/2020 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

A comarca de Lentille será o novo punto de actuación das Brigadas Deseucaliptizadoras. Os traballos serán o sábado 21 de marzo dentro do marco das Xornadas de Voluntariado Ambiental de Lentille. Estas xornadas están organizadas pola Asociación Veciñal de Lentille xunto as Brigadas.

Algúns dos participantes na 'I Deseucaliptización simultánea'
Algúns dos participantes na 'I Deseucaliptización simultánea' | Fonte: Cousa de Raíces

O obxectivo é combater a invasión de mimosa (Acacia dealbata) que sofre a comarca. A acción contra esta especie invasora desenvolverase nun monte particular onde se está levando adiante a repoboación con frondosas autóctonas. Xunto a esta actividade, tamén se limparán e rehabilitarán camiños veciñais que se viron afectados polas acacias. A tarefa consistirá en eliminar pés destas árbores para manter as autóctonas.

Os participantes comezarán o seu labor a partir das 09:30  para rematar ás 14:00 cunha comida e unha conferencia sobre a Vespa Velutina. Esta charla será a cargo de Lolo Andrade, especialista de Protección Civil e experto en pragas. A idea é explicar que facer contra a vespa invasora desde o voluntariado. Por último a xornada rematará nas termas de Prexigueiro, perto de Lentille.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta