Concellos galegos mobilizan recursos para atender persoas sen fogar, as máis débiles ante o coronavirus

Vilagarcía e Ferrol poñen en marcha iniciativas para protexer a este colectivo especialmente vulnerable.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Diferentes concellos galegos puxeron en marcha varias iniciativas para mobilizar recursos co fin de atender a persoas sen fogar con motivo da crise do coronavirus.

O Concello de Vilagarcía de Arousa converteu desde este venres o pavillón feiral de Fexdega nun albergue con capacidade para 35 persoas sen fogar, informa nun comunicado.

Deste xeito, o albergue de Cruz Vermella, na Praza da Constitución, queda pechado, á vez que así se evita ter que recorrer ao pago de hostais para acoller as persoas que o demandan.

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, reuniuse este venres con entidades sociais da cidade para establecer protocolos de cara á atención de persoas sen fogar co fin de favorecer a coordinación para a actuación.

Ademais, Protección Civil encargarase de facerlles chegar ás familias necesitadas da cidade naval os alimentos que a ONG recolleron desde o inicio da epidemia sanitaria. As solicitudes de vales para alimentos poderanse facer nos números 981 944 230 e 981 944 234.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta