Unha investigadora galega defende a primeira tese por videoconferencia do CSIC por mor do estado de alarma

O traballo de Carla Vázquez González sobre os caracteres defensivos do piñeiro marítimo relacionados coa produción de resina foi realizado na Misión Biolóxica de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2020 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A investigadora Carla Vázquez González defendeu a súa tese sobre os caracteres defensivos do piñeiro marítimo relacionados coa produción de resina, unha investigación realizada na Misión Biolóxica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e que se converteu na primeira tese defendida por videoconferencia do organismo, dada o actual estado de alarma

Defensa por videoconferencia da tese de Carla Vázquez González
Defensa por videoconferencia da tese de Carla Vázquez González | Fonte: Carla Vázquez González.

Segundo explicou o CSIC, o traballo, baixo a dirección de Rafael Zas e Luís Sampedro, realizouse a través do grupo de 'Xenética e ecoloxía da resistencia das coníferas', da Misión Biolóxica.

Nel, incídese en que a diferenza de canles onde se produce a resina, principal defensa química dos piñeiros, "varía notablemente" segundo as poboacións de piñeiro marítimo, depende de factores como o seu crecemento e son sensibles a cambios anuais no clima e nas condicións de cada sitio.

Para o estudo analizáronse máis 800 mostras de preto de 300 individuos en ensaios xenéticos en campo e experimentos en invernadoiro, nos cales se cuantificaron preto de 100.000 canles resiníferas.

A tese doutoral defendeuse por videoconferencia nun acto oficial organizado pola Universidade de Vigo, seguindo a normativa de confinamento. A investigación, con Mención Internacional e avaliada por profesores do Instituto Pirenaico de Ecoloxía, a Universidade Politécnica de Madrid e a Swedish University of Agricultural Sciences, recibiu a cualificación de sobresaínte.

O delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron Pedreira, sinalou que se trata da primeira tese doutoral no CSIC que se presenta por videoconferencia, "unha mostra máis" de que o centro "continúa co seu labor científico a pesar das circunstancias adversas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta