O Sergas atribúe a un "malentendido" entre áreas que non se prorrogue contrato a persoal sanitario en plena crise

Di que xa foi subsanado. A asociación de enfermaría PROSAGAP denunciara que a Área Sanitaria de Santiago non lle estaba prorrogando os contratos ás profesionais que acabaron estes días.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/04/2020 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

O Sergas atribúe a un "malentendido" entre distintos departamentos que non se prorrogara os contratos de persoal sanitario, principalmente de enfermaría, na Área Sanitaria de Santiago. "Nas unidades de hospitalizacion covid teñense prorrogado os contratos ata o 30 de abril", apuntan fontes do CHUS a Galicia Confidencial.

O paciente abandona ou hospital entre aplausos do persoal sanitario. HOSPITAL VITHAS NOSA SEÑORA DE FÁTIMA
O paciente abandona ou hospital entre aplausos do persoal sanitario. HOSPITAL VITHAS NOSA SEÑORA DE FÁTIMA

Así, atribúen a un "erro na coordinación da comunicación entre departamentos" a situación creada e que foi denunciada pola asociación de enermaría PROSAGAP. "Informouse erróneamente da fin da contratacion destas profesionais, mentres por outra  banda os contratos estaban sendo asinados pola dirección", salientan as fontes do CHUS que suliñan que a xerencia "lamenta profundamente o malentendido e o malestar xerado nestas profesionais".

PROSAGAP denunciara este xoves á Xerencia de Santiago por proceder de maneira unilateral e rescindir as prórrogas dos contratos de enfermeiras eventuais. O motivo dado pola Xerencia é que “agora mesmo sobra xente, mais non descartamos que vos chamemos de aquí a uns días”. Tras a rectificación do Sergas, a entidade dixo que si se está prorrogando contrato ás enfermeiras que tiñan asinado a prórroga, pero non as que non asinaran aínda.

A maioría das enfermeiras eventuais contratadas na área de Santiago traballaban en plantas onde estaban ingresadas persoas coa COVID-19. As contratacións que asinaran coa Xerencia tiñan nos seus contratos unha prórroga que ía do 16 ao 30 de abril. Non obstante, o pasado día 15 do mesmo mes, un departamento comunicoulles a rescisión de “xeito unilateral” das súas prórrogas.

PROSAGAP tamén critica que a esta rescisión se lle suma a desaparicion da prórroga dos expedientes das enfermeiras. Para o sindicato sanitario esta acción supón un abuso e un desprezo polas profesionais que estiveron “en primeira liña” expoñéndose día a día. Ademais, a Xerencia deixa “ás claras a falta de planificación” coa que traballa a xerente e o seu equipo mediante unha “perversa e nefasta” xestión a respecto dos e das traballadoras da sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta