Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2020 | Actualizada ás 21:00
Unha canción dedicada "para todos nós". Así presentan Gabril Varela como voz principal e Emilio Camaselle como compositor, esta nova peza que, ademais, conta con interpretación en linguaxe de signos da man de Iván Troncoso. Os coros, doutra banda, van a cargo de Keren Hapuc.
Mesma loita por un mal descoñecido, / tocou en todo o mundo por igual, / sen ter en conta a cor da sua bandeira, / xuntounos como pobo pra loitar. Unha mensaxe de ánimo e de esperanza que resoa ao longo destes catro minutos de música, onde se van sucedendo imaxes de diferentes familias e amizades, de casa en casa.
Sempre presta botar man de novas referencias musicais para levar mellor estes días de confinamento. Eis "Cagho no virus":
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.