A "escravitude laboral" da Xunta no Sergas: “Eu levo 600 contratos en seis anos”

“Isto é un novo modelo novo de escravitude. Somos o detrito dos eventuais”, asegura Diego que leva seis anos da súa vida pegado a un teléfono durante as 24 horas agardando unha chamada do Sergas. Como el hai un cento de persoas que son contratadas por horas.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 27/04/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Diego é enfermeiro de Atención Primaria na Xunta. Adora o seu traballo e, sobre todo, estar no primeiro chanzo da sanidade pública, coidando e atendendo dos que acoden os centros de saúde. Leva traballando no Sergas seis anos pero a súa situación laboral non se corresponde en absoluto coa responsabilidade que ten, que é a de coidar e salvar vidas.

El é un dos medio cento de persoas que están na que podería ser a peor lista laboral da Xunta, no coñecido como “pull sanitario”, un sistema de contrato por horas que se aplica entre parte do persoal sanitario da Atención Primaria e da Atención Especializada. “Somos o peor do peor na sanidade”, suliña en declaracións a Galicia Confidencial. “A nós se nos contrata por horas, por días e imos acumulando contratos por días cun máximo de catro”, asegura.  

É dicir, segundo este sistema laboral do Goberno de Feijóo Diego e os compañeiros que están nesa lista non poden desfrutar de máis de 4 días de contrato. Isto provocou que ao longo de seis anos de traballo no Sergas tivera asinado máis de 600 contratos, algúns de só dúas horas.

VIVIR PEGADO A UN TELÉFONO

E iso que implica, “pois que ao longo do mes estamos pendentes do teléfono ás 24 horas e os 30 días do mes”. É dicir, que a dispoñibilidade de Diego “é total” e, ademais, á Xunta, esa dispoñibilidade sáelle “gratis”. Se el non atende ese teléfono cando o chaman ou non ten unha razón xustificada, sería penalizado e o Sergas podería deixar de chamalo durante un ano.

Neste sistema de case escravitude laboral aplicada pola propia administración só cotiza o día que traballa e o que traballa non puntúa para as listas de contratación. Tampouco ten dereito a paro, nin vacacións. Un dos logros que acadou este colectivo, se se lle pode chamar logro, é que non os chamen durante un mes para poder desfrutar dunhas vacacións. Iso si, son vacacións non remuneradas e que non poden collerse no período no que todo o mundo vai de vacacións.

“Pero estas vacacións o único que é son unha suspensión de chamamentos. Non cobramos, pero non temos que estar pendentes do teléfono as 24 horas”, di. “Precisamente eu xa te collín a ti pensando que me chamaban do Sergas”, asegura a este xornalista. “Vivimos pegados e pendentes ao teléfono”, engade. O outro logro foi este verán; conseguir os contrataran durante dous meses.

A “NOVA ESCRAVITUDE”

E para que utiliza o Sergas a este persoal?... para cubrir as peores horas. Así, a Diego e ás súas compañeiras chámannos para traballar un domingo. “Unha garda de domingo son 24 horas que son como tres quendas de traballo normais. Pero a nós só nos contrata para traballar ese domingo como se fora só unha queda”, asegura.

“Este é un modelo novo de escravitude. Somos o detrito do persoal eventual do Sergas”, critica este mozo que non pode saber canto vai cobrar ao mes. Agora son 16 os profesionais que están na súa situación na Atención Primaria e 45 na especializada dun colectivo que chegou a superar as 200 persoas.

LOITANDO CONTRA O CORONAVIRUS

E pesar da súa situación laboral este persoal tamén loita día a día contra o coronavirus, especialmente, nos primeiros días. “Somos os que máis mantemos o sistema. Se unha enfermeira se pon enferma ao momento pois xa nos chaman a nós. Somos imprescindibles”.

Pero, curiosamente, desde hai dez días xa non o chaman. “Isto nunca antes me pasara porque está todo a sanidade ao mínimo”. E, claro, o Sergas aproveita a situación. “É un xeito de reducir contratación e aforrar diñeiro. E se hai baixas, pois non se cobren”, indica, “así temos a peor ratio de enfermaría por habitante de toda Europa”. Pero, a Xunta iso semella non importarlle e, aproveitando a crise do COVID-19, anunciou que no futuro apostará pola atención telefónica. Outro xeito máis de ir aforrando na sanidade e afondando a escravitude laboral de certos colectivos.

Persoal sanitario atendendo a un paciente con coronavirus nunha sala da UCI do hospital
Persoal sanitario atendendo a un paciente con coronavirus nunha sala da UCI do hospital | Fonte: médicos e enfermeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

12 Xalleir@

Tocar las pelotas. Definición: molestar, fastidiar, enfadar, tocar los cojones, tocar las narices. Ejemplos: te advierto de que me estás tocando mucho las pelotas con tus insinuaciones. Aquel que toca las pelotas a los demás es denominado tocapelotas ou tocabolas en galego. Así pois, non merece a pena responder ó comentario de dito tocabolas. E como sempre.....neste mundo ten que haber xente tocabolas...e tamén algún egoísta entendido ... que intenta desviar a atención do que realmente pon a "relucir" a información do anterior artigo, A PRECARIEDADE LABORAL no mundo sanitario galego. O que fala.... claramente é descoñecedor do que significa estar pendente do teléfono ata para ir cagar ....evitar ascensores e zonas sen cobertura por temor a penalización.... O que fala non ten nin idea do que supón conseguir esa puntuación da que fala!

1 Manuel..

Resolución do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se dispón a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CESM-O´MEGA, CC.OO, UGT e CSI.F, sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia. No marco da mesa sectorial de negociación do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e coa finalidade de establecer un sistema de selección de persoal estatutario temporal no ámbito das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde, negociáronse os pactos publicados nos DOG do 13 de abril de 1993, do 12 de maio de 1994, do 19 de xaneiro de 1996, do 10 de marzo de 1997, do 25 de febreiro de 2000, do 1 de xuño de 2004 e do 9 de maio de 2011. OS SINDICATOS TEÑEN ALGO QUE VER NA PRECARIEDADE LABORAL de D. Diego. E dos demais ,tamén.

11 PEPA

En resposta a D Manuel e a Dna Tocabolas, e sentíndome identificada cás palabras irrefutables do meu compañeiro Diego, decirvos que entre tanto temario que estudamos para as diferentes OPES hai un que fala das necesidades básicas do ser humano, é unha delas é a de eliminación. En tempos no que a e-consulta está tan de moda e disque é o futuro, xa vos diagnostico telematicamente, a vosa está seriamente alterada. E remato dicindo que por moitos temas que estudemos na vida, hai un, que xa tería que vir innato a nós, que é o do respeto. Con este comentario só pretendo facer educación para a saúde, que é un dos meus deberes, porque canto máis eliminemos, máis capacidade constructiva terá a nosa mente. Entre estas palabras, hai unhas mans que buscan mellorar a vosa saúde e a dos vosos..non todo é parné.

1 Manuel..

Siga vostede preparándoe, e mentras tanto , traballe hasta xuntar os 28 puntos. Entón terá unha oportunidade pa conseguir o nomeamento como personal estutario fixo do SERGAS.

2 PEPA

Grazas Manuel polo seu consello, pero o meu obxectivo non é alcanzar 28 puntos, senón sumar 2+8,e que o resultado sexa igual ó nivel máximo de atención que os nosos pacientes se merecen. Se algún día o atendo, voume a presentar polo meu nome, non pola miña categoría, e ten por seguro que recibirá da miña parte un trato humano de categoría. Porque na vida só hai unha cousa FIXA, que a saúde é un tesouro persoal.As nosas condicións son as vosas condicións. Vostede nunca empatizará conmigo, esto é algo así como mallar en ferro frío, ó contrario da xente do pool(na cal non me inclúo) que se templa según as necesidades do sistema dando o mellor das súas vidas día a día. Para pertencer ó pool fan falta moitas agallas, só se atreven uns poucos, por iso a batalla non está perdida. BOAS NOITES..

10 Manuel..

Si está no pillo despois de seis anos é porque lle interesa, non é obrigatorio. Pero claro, como puntúa máis co resto..... En fin...

1 Diego

Estimado Manuel, debo lamentar que fales desde a desinformación. A bonificación que comentas na puntuación atañe a só os primeiros tres anos de permanencia en lista, despois dos cales a situación é a mesma e non se recibe ningún tipo de bonificación en puntos. Puntos que, contabilizan para as listas de contratación pero non na puntuación das oposicións. Ademáis disto, desde o primeiro minuto, os enfermeiros desta lista non teñen dereito a baixa laboral, non cotizan os días que libran, seguen dispoñibles todos os días do mes a coste 0, non dispoñen de periodo vacacional, non teñen nómina mensual -se non que un conxunto de nóminas espalladas que poderías probar a ir a un banco a tratar de pedir algo-... Vese que a empatía, valor fundamental da profesión enfermeira, é carente noutros. Atentamente, un empático.

9 Manuel..

A tua precaridade laboral tes que agradecerlla os sindicatos, que son os que negociaron e asinaron o plan de empleo. Tamén asinaron que tes que traballar dez anos seguidos pa poder optar a una plaza fixa.

8 Roderick

E a solidaridade sindical, dos compañeiros do que nada lle é alleo, onde está. E a dos políticos, e a sociedade? Todo dios mira cara outro lado ata que non cagan, mexan e lle dan unhas hostias.

1 MariaES

Ahí lle diches meu! Hai que comenzar resolvendo á situación política, despois Deus dirá!