A Xunta gasta case un millón de euros en máscaras co seu logo para repartir entre pensionistas e parados

A medida chega cando Feijóo pensa convocar eleccións en xullo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2020 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Estamos en recesión, en grave crise económica, e a pesar diso, a Xunta deciciu gastar diñeiro en máscaras envoltas nun plástico co logo da Xunta. Unha circunstancia que se produce cando o presidente galego baralla convocar as eleccións en xullo deste ano.

Máscaras co logo da Xunta
Máscaras co logo da Xunta | Fonte: remitida

Segundo puido confirmar Galicia Confidencial, estas máscaras co logo da Xunta foron distribuídas nas farmacias para repartir de xeito gratuíto entre determinados colectivos. A Consellería de Sanidade confirma que son para repartir entre o colectivo de pensionistas, parados e colectivos en risco de exclusión.

Así, lembran que esta medida aprobouse no Consello da Xunta do pasado día 24 de abril que acordou a distribución de máscaras cirúrxicas entre os pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros ao ano e perceptores de rendas mínimas de inserción e parados sen prestación de desemprego entre outros colectivos.

A Xunta distribuirá preto de 2,2 millóns destas máscaras cirúrxicas, repartidas en 719.000 paquetes, no marco desta iniciativa que conta cun orzamento de 952.187 euros. O reparto será tres máscaras de xeito gratuíto nas oficinas de farmacia para aquelas persoas que aporten na tarxeta sanitaria o 0% e o 10%, contribuirá á protección das persoas con maior vulnerabilidade aos efectos do COVID-19 e permitirá que poidan dispoñer de máscaras cirúrxicas para cando se inicie o desconfinamento. Con esta inciativa a Xunta prevé  beneficiar a 718.562 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

7 Xoaniña

Pois está ben claro. As preferencias da Xunta de Galicia é ir quecendo o fogón electoral do señor Feijoo. En lugar de mercar un par de millón de máscaras máis ¿qué máis da? Facémoslle un paquetiño co logo institucional, que os vellos xa entenden... Caciquismo en estado puro.

6 Sabela

Faltoulles que poña "a xunta cos necesitados" como fixo nas obras da intermodal de Pontevedra, na que puxo rótulos de "a xunta con Pontevedra" que un cando os mira di: e coa Coruña, con Lugo e con Ourense tamén, non sí? Este PP pensa que todo é deles, e non, é dos homes e das mulleres da Galiza

5 Daniel F. Noquerol

Eva Solla volveu traballar de enfermeira ou segue rascándoa por 98.000 euros?

4 Muxia

Sera un envoltorio esterilizado, non coma nos concellos que chas dan dentro dun sobre de papel que ou tera premio ou non, depende do operario que as ensobrara. Con un logo para que se sepa a sua procedencia e non as vendan fora dese contexto. Esto todo pareceme ben loxico. O que seria de mirar seria o prezo, que me parece unha barbaridade se e solo por plastificalas

1 un calqueira

pois seguro que lle fixeron prezo de amigo (os dese partido teñen moitos amigos. 952000€ ÷ 719000 paquetes... da a1'32€cada estampanción. #osbosxestores

2 Unha calquera

Nunha hora fanse 250, a un traballador paganlle aínda non 7€, de vergoña o desfalco

3 Mcv

Hixiene dis? Se enbolsaban nunha nave cochambrosa, nunha primeira bolsa con 3unidades, e despois á bolsa con logotipo. A hixiene non pide 2bolsas. A empresa "unha vella coñecida" da xunta of course contratando por ett a menos de 7€ hora... Non me saen as contas nin co aluguer da nave... Puideron ser distribuídas doutro xeito, como a rede de atención primaria que saben de medidas hixiénicas, aforraban cartos e plástico para o planeta. O de as farmacias son hixiénicas... Se van embolsadas podes dalas en calquera sitio. Rede de servizos sociais... Pero así non reparten cacho...

4 yolanda

Esterilizado? NI de coña una bolsa con una pegatina de aquella manera y punto. Es decir ,una mierda

5 Anti manipulación

un calqueira do primeiro comentario, voulle ter que pedir a miña sobriña de 7 anos que che axude a resolver o problema, non sei se tes nenos desa idade, pídelles axuda. Será número de paquetes de máscaras entre euros para saber o prezo unitario, ou? E logo obtes o valor do paquete, que inclue máscaras, envoltorio e imprenta. Cos datos desta noticia de titular sensacionalista non se da sacado o valor de imprenta. Como se nota que os periodistas son de letras, anque eu son de ciencias e sei ler.

3 Charlie

Hugo, la noticia es clara: se han gastado un millón en envolver las mascarillas con un plástico con el logro de la Xunta. ¿Qué parte no entiende?

1 Agustín

A Xunta distribuirá preto de 2,2 millóns destas máscaras cirúrxicas, repartidas en 719.000 paquetes, no marco desta iniciativa que conta cun orzamento de 952.187 euros Ou a noticia está mal redactada ou entendese que o casi millon de euros e para compra e envase das mascarillas. Eu solo vexo o logo da Xunta, non vexo o de ningún partido...

2 Carlinhos

Charlie, está claro que entendiches o titular. O corpo da noticia leva á confusión como ben indica Agustín, citando o texto da mesma. E cambia moito que ese case millón de euros sexa só polo empaquetado ou que -pola contra- sexa o custo total (mascarillas incluídas) Que é o que non entendes?