A Xunta gasta case un millón de euros en máscaras co seu logo para repartir entre pensionistas e parados

A medida chega cando Feijóo pensa convocar eleccións en xullo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2020 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Estamos en recesión, en grave crise económica, e a pesar diso, a Xunta deciciu gastar diñeiro en máscaras envoltas nun plástico co logo da Xunta. Unha circunstancia que se produce cando o presidente galego baralla convocar as eleccións en xullo deste ano.

Máscaras co logo da Xunta
Máscaras co logo da Xunta | Fonte: remitida

Segundo puido confirmar Galicia Confidencial, estas máscaras co logo da Xunta foron distribuídas nas farmacias para repartir de xeito gratuíto entre determinados colectivos. A Consellería de Sanidade confirma que son para repartir entre o colectivo de pensionistas, parados e colectivos en risco de exclusión.

Así, lembran que esta medida aprobouse no Consello da Xunta do pasado día 24 de abril que acordou a distribución de máscaras cirúrxicas entre os pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros ao ano e perceptores de rendas mínimas de inserción e parados sen prestación de desemprego entre outros colectivos.

A Xunta distribuirá preto de 2,2 millóns destas máscaras cirúrxicas, repartidas en 719.000 paquetes, no marco desta iniciativa que conta cun orzamento de 952.187 euros. O reparto será tres máscaras de xeito gratuíto nas oficinas de farmacia para aquelas persoas que aporten na tarxeta sanitaria o 0% e o 10%, contribuirá á protección das persoas con maior vulnerabilidade aos efectos do COVID-19 e permitirá que poidan dispoñer de máscaras cirúrxicas para cando se inicie o desconfinamento. Con esta inciativa a Xunta prevé  beneficiar a 718.562 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

2 Hugo

Pero según a propia noticia o millón de euros é polas mascarillas, incluido o logo, pero non sólo no logo ¿É un intento de manipulación, ou como se entende?

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Esos se-vergoña siguen en plena campaña electoral. E os sanitarios sen medios, sen as probas realizadas na súa totalidade e moitos e motas delas despedidas. Hai que botalos fora canto antes. É urxente.