Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/05/2020 | Actualizada ás 19:00
Ehki Etxeberria, director de Recursos Humanos Globais en Jealsa, participou esta tarde en directo na iniciativa de Afundacion 'IESIDE sen muros' para falar sobre as medidas que adoptou a súa compañía para dar resposta á complicada situación actual derivada da crise sanitaria do COVID-19 e o papel que xogaron departamentos como o seu nesta situación.
"Tivemos a colaboración do persoal científico interno, que nos axudou a analizar a gravidade da situación con antelación, puidemos elaborar unha resposta poñendo o foco nos nosos colaboradores e os nosos empregados", dixo.
Neste sentido, explicou que a súa empresa "non escatimou esforzos en cumprir coa seguridade dos nosos traballadores". "Aumentamos os espazos e garantimos a separación, o noso servizo de prevención soubo adaptar calquera tipo de novidade tecnolóxica (cámaras termométricas, o uso de diferentes elementos clínicos, etc.) e non descoidamos a análise constante da experiencia do empregado con estas circunstancias, a interacción intelixente e a información constante".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.