O programa "tótem" de Feijóo na TVG levará a 40 persoas de público a pesar de que non rematou a corentena

Roberto Vilar, presentador de Land Róber, terá outra vez entre os convidados a Luís Zahera, protagonista dun vídeo de campaña da Xunta con Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

O público regresa ao estudio de 'Land Róber' da TVG este xoves nun programa no que estarán con Roberto Vilar os actores Antonio Resines e Luís Iglesia, ademais do cantante santiagués Roi Méndez. Unha situación que se produce aínda en período de corentena e sen que Galicia teña pasado aínda á terceira fase.

Tras unha decena de programas gravados sen público, 40 persoas vivirán en primeira persoa o 'show' que dirixe Vilar, que se emite cada xoves en horario de máximo audiencia na Televisión de Galicia. De feito, este programa xa lle fixo varias entrevistas ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que dixo que era un dos seus espazos favoritos na TVG.

Así, "os 40 da corentena" converteranse en protagonistas dun programa no que Antonio Resines compartirá con Roberto Vilar e Eva Iglesias compartirán a súas experiencias durante a corentena. Tamén estará Luís Zahera, que partillou co propio Vilar unha entrevista humorística no programa e que logo participou nun vídeo de campaña da Xunta con Feijóo. Ademais estará o cantante e exconcursante de Operación Triunfo Roi Méndez presentará a súa nova canción 'Avións de papel'.

Roberto Vilar e Luís Zahera falan por teléfono con Feijóo no Land Rober
Roberto Vilar e Luís Zahera falan por teléfono con Feijóo no Land Rober | Fonte: TVG

A volta do público á TVG chega nun momento no que Feijóo insiste en "normalizar" a situación en Galicia e a un mes e medio duns comicios. Tamén no medio de fortes críticas pola "manipulación informativa" da TVG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pail

O que botei de menos deste señor é que cando tivo oportunidade de traballar en tv de ámbito estatal non facía as súas típicas "bromitas" co idioma "castellano". Covardía ou pailanimso?

1 Nachos

O noso pablo motos chabacano e pepeiro sen complexos, sempre que o vexo espero atopar a banderita ejpañola no pulso. Como esquecer a patética escena do valado publicitario no que lle dan as grazas a unha colaboradora. Mentres, gradpndes profesionais de Xornalismo e da ESAD teñen que emigrar.en fin, plan feijoo pra cultura, nin máis nin menos