Vítimas de Angrois ven como "unha afronta máis" a fichaxe de Pepe Blanco por Enagás, unha "porta xiratoria da vergoña"

A Plataforma Vítimas Alvia 04155 lembra que o Estado é o maior accionista desta empresa

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/05/2020 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

A Plataforma Vítimas Alvia 04155 cualificou de "unha afronta máis" a fichaxe do que fose ministro de Fomento do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero, José Blanco, pola empresa Enagás, un paso que tacha de "porta giratoria da vergoña".

José Blanco
José Blanco | Fonte: Europa Press.

A plataforma lembra que o Estado é o maior accionista desta empresa e critica que, en lugar de "asumir as súas responsabilidades", se premie ao exministro con "grandes postos ben remunerados e con alta responsabilidade".

"Queremos lembrar que sendo ministro de Fomento, José Blanco inaugurou, en decembro de 2011, a liña de Alta velocidade Ourense-Santiago", sinalan as vítimas, que lembran que "un ano e medio despois tivo lugar a traxedia ferroviaria máis grave da democracia, deixando 80 mortos e máis de 140 feridos".

A plataforma acusa a Blanco de publicitar "aos catro ventos" a nova liña de alta velocidade, "asegurando que se incrementaba a seguridade e que, tanto a liña como o tren, contaban cos sistemas de seguridade que evitasen o accidente". "Enganou a toda a cidadanía e á UE", critica.

Ademais, sostén que "sendo ministro" Blanco "asinou e autorizou o cambio de proxecto orixinal" de forma que se "suprimía o sistema de seguridade no tramo máis perigoso". "Un proxecto que levaba anos aprobado e en execución. É máis, se xactaba de adiantar os prazos", apunta.

"No seu afán de levar a alta velocidade a Galicia encomendou a Talgo a fabricación dun tren único no mundo que salvaba todos os obstáculos, un tren cuxo deseño e peso fixo que as consecuencias do accidente fosen posiblemente moito máis graves", engade a plataforma, que cita os procedementos de infracción abertos pola UE a España por "incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria".

Por todo iso, considera que non se entende que Enegás fiche a unha persoa "con este currículo" e mostra o seu "rexeitamento e máxima indignación" polo nomeamento. "Unha auténtica burla e falta de respecto á memoria dos falecidos, ás súas familias, a todas as vítimas do accidente e a todos os cidadáns", censura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Violeta 4

Unha vergoña fichar ao "corruto", pero o millor é darse de baixa en Enagás.