A Deputación da Coruña reclama ao Goberno que as endidades locais poidan usar o superávit

Fíxoo a través de senllas mocións presentadas polo goberno provincial e o PP.

Por E.P. | A CORUÑA | 29/05/2020 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou dúas mocións presentadas polo goberno provincial (PSOE-BNG) e o Partido Popular instando o Goberno central a pemitir que as entidades locais poidan usar o seu superávit e remanentes de tesouraría para financiar medidas que axuden a paliar as consecuencias sociais e económicas da crise provocada pola Covid-19.

No texto proposto polo goberno provincial, que contou cos votos favorables de PP, PSOE, BNG e Marea Atlántica e a abstención de Alternativa dos Veciños, sinálase que concellos e deputacións levan desde o inicio da crise atendendo as necesidades que provocou a pandemia.

"Cuns recursos propios que son moi limitados, eliminando partidas orzamentarias con outros destinos para cubrir necesidades urxentes". Ademais, lémbrase que "son as entidades locais as que levarán a cabo plans de reconstrución local co obxectivo de paliar os efectos que a pandemia está a ter no emprego".

A Deputación subliña que remantes e superávit son "os aforros locais" de concellos e deputacións, froito da "boa xestión" e representan "o único recurso dispoñible" para facer fronte aos gastos derivados da situación actual.

MOCIÓN DO PP

O texto proposto polo Partido Popular saíu adiante cos 14 votos do PP e a abstención de PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños. Nesta moción, a Deputación insta o Goberno a "non utilizar os poderes excepcionais do estado de alarma para apropiarse dos aforros das entidades locais" e "flexibilizar as regras para o uso de superávit".

Na moción proposta por PSOE e BNG, a Deputación da Coruña insta tamén á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno central estas medidas. Sobre este punto, o presidente provincial, Valentín González Formoso, trasladou a súa "preocupación" e "sorpresa" porque a Xunta "non explicite a súa posición nun tema tan crucial para os concellos".

APOIO A ALCOA E ALU IBÉRICA

O pleno aprobou tamén, co voto favorable de todos os grupos, unha moción proposta por Marea Atlántica en apoio aos traballadores de Alu Ibérica. A Deputación demanda ao Goberno e á Xunta que investiguen a venda de Alu Ibérica a Grupo Riesgo e que se garanta a continuidade da actividade industrial e do emprego. O presidente provincial fixo extensiva tamén a preocupación á situación de Alcoa en Cervo. "Alcoa debe ser un asunto de dimensión galega", afirmou. 

A Deputación da Coruña celebra un pleno telemático. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña celebra un pleno telemático. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Entre os asuntos do pleno, a corporación provincial aprobou tamén un investimento de máis dun millón de euros para a construción dun gran itinerario peonil en Corcubión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta