Tempo de contas e promesas

Ben sei que estamos, a pesares do Covid 19, en precampaña electoral. E como consecuencia de tal asunto, o 12 de xullo votaremos dado que é un deber cidadán. Chegou o tempo de que Feijoo e o seu goberno rindan contas polo traballo feito durante os catro anos. E tamén que a oposición plantexe un programa alternativo se realmente quere rematar cos mandatos do Sr. de Peares. Estamos, polo tanto, no tempo das promesas electorais onde quen goberna se pode esaxera os éxitos ampliando e manipulando datos, e agocha os fracasos. O obxectivo é engaiolar os electores e convencer, pois deso vai o asunto.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 04/06/2020

Comparte esta noticia
O presidente da Xunta tivo présa en porlle datas ás eleccións, aínda que,   o tempo do mandato remataba  en outubro. E fíxoo  sabedor de que, despois do verán, virá o tempo dos recortes e iso non lles   gusta  nada ós gobernados.
 
Polo tanto, entramos no tempo das xustificacións e das promesas a futuro, pois do prometido  hai catro anos, case ninguén se lembra. Claro que ós ourensás as promesas  non nos resultan algo novidoso pois temos un alcalde  que sempre está prometendo parques acuáticos, grandes  piscinas, peatonalizacións a esgalla, escaleiras onde non fan falla   e torres dun fato de alturas. Ademais, ultimamente, uns controladores de tempo para os seus adorados funcionarios funcionen nun concello en paralise permanente.  Ourense sempre foi terra de promesas incumplidas e deso sabemos moito. Por iso    ó  escoitar á  espranza blanca prometendo cada día unha cousa nova  entranos nun certo arrepío. 
 
Como deso, na cidade das burgas, imos moi aventaxados, soamente  vou lembrar unha, de hai moitos anos,  que a min me chamou moito a atención. Acórdanse  vostedes do proxecto milenio. Sí, aquil que implicaba o traslado do campo de futbol do Couto pra Benposta? Xa sei houbo moitos máis. Pero ise chamoume moito a atención, pois nos medios graficos dos  xornais  xa viñan debuxados viais, complexos hoteleiros e unha  cidade deportiva. Pois ben,  todo aquelo levouno ó vento, aínda que estaba impreso no papél.
 
Polo que, prepárense os ourensás que comenza o tempo de: podo prometer a lúa e as estrelas.
 
 E, ademais tamén comenza o tempo  de contar medias verdades, trolas e outras trangalladas. Por exemplo: hai uns días o presidente da Xunta dixo  que a sanidade do ano 2009 non resistiría a crise do  Covid -19. Tal afirmnación cae ó chan pois sabemos, con datos contrastados, que dende esa data reducíronse en Galicia 900 camas hospitalarias e tamen moito persoal sanitario. Polo que, tal afirmación, sona un tanto chusca. Vamos que é unha desas cousas que se din por non estar calado.
 
Desas novas, desas  trolas e medias verdades virán moitas máis. Asi que ollo que chegaron os días do encantamento e de prometer. Mellor de que nos conten o que queremos ouvir e iso sona a pracebo pra que estemos ledos uns  cantos días e votemos. Despois virán os recortes.
En fin, tomen nota os galegos: entramos no  tempo  das subastas baseadas en ver quen promete máis. Polo que a  todos quédanos a misión de distinguir o que pode ser certo, ou ter visos de realidade,  do que é simplemente unha trola  contada nunha campaña electoral. 
 

Ou titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantén unha videoconferencia co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, e vos outros presidentes autonómicos. Edificio Administratito de San Caetano, Santiago de Compostela, 17/05/20.. DAVID CABEZÓN- XUNTA DE GALICIA
Ou titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantén unha videoconferencia co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, e vos outros presidentes autonómicos. Edificio Administratito de San Caetano, Santiago de Compostela, 17/05/20.. DAVID CABEZÓN- XUNTA DE GALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com