O impacto da pandemia nos océanos: "cada vez chegan á costa máis máscaras e luvas"

Voluntarios de ADEGA limparán dúas praias da Barbanza para concienciar sobre o futuro dos océanos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

As consecuencias da pandemia de COVID-19 no medio ambiente chegan xa ós oceános. Segundo alertan dende a a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), ós "10 millóns de toneladas de lixo" que cada ano rematan nas augas úneselle o refugallo que resta do combate da pandemia, principalmente luvas e máscaras e protectoras.

Voluntarios nunha limpeza de anos anteriores
Voluntarios nunha limpeza de anos anteriores | Fonte: ADEGA

Para tentar sensibilizar sobre unha problemática que cobra a vida de centos de miles de animais, ADEGA desenvolverá hoxe, como todos os anos, a limpeza de dúas praias. A xornada, que coincide co Día Mundial dos Océanos, contará exclusivamente con membros da asociación ante a prohibición de realizar actividade de voluntariado que poidan concentrar multitudes.

PÍLLARAS DAS DUNAS

A limpeza parcial abranguerá os areais de Cabío e da Corna, ambos situados na Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza. Segundo informan dende a asociación, aproveitarán o desprazamento para comprobar a presenza da píllara das dunas. Esta pequena ave migratoria, que conta co estatus de ameazada a nivel galego, sofre especialmente o mal estado das praias por tratarse do seu espazo preferido para aniñar.

As aves son, precisamente, as máis afectadas polo mal estado dos océanos. Segundo informan dende ADEGA, ao ano morren un millón de paxaros de diversas especies como consecuencia da contaminación das augas, xunto con 100.000 mamíferos e tartarugas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Aos señores que imponen a mascarilla obrigatoria:¿Fanse vostedes responsables de isto ou das consecuencias para a saude de respirar dióxido de carbono e do estrés que provoca levar a mascarilla?. Mentras en Ginebra, a cidade donde esta a sede da OMS, a xente esta sen mascarillas e sen gardar a distancia de seguridade como se pode ver no video co titulo "Viven felices y el resto del mundo con miedo"