Luar na Lubre, a piques de publicar un novo disco: 'Vieiros e Vieiras. Historias de peregrinos'

O traballo, que sairá o 26 de xuño, explora os escritos, lendas e sonoridades que os peregrinos deixaron a través dos carreiros do Camiño de Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O grupo galego Luar na Lubre publicará o próximo 26 de xuño o seu novo traballo 'Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos', o decimonoveno álbum da banda, dedicado ás pegadas das persoas que percorren as rutas xacobeas.

O disco explora os escritos, lendas e sonoridades que os peregrinos deixaron a través dos carreiros do Camiño de Santiago, como fío condutor dun relato que transcorre a través de diferentes épocas e voces.

Coincidindo co confinamento polo coronavirus, o grupo publicou dous adiantos: 'Benvido', un canto de recepción e presentación a estes peregrinos que chegan a Galicia; e 'Mártiros e o vákner', relatará a lenda sobre a peregrinación do armenio Mártiros e o seu encontro cunha besta maligna nos montes de Dumbría.

Doutra banda, o Pazo da Cultura de Pontevedra celebrará a "volta á normalidade" cun concerto na súa explanada, o vindeiro sábado 4 de xullo ás 20,00 horas, da man de Guadi Galego e Xabier Diaz e Adufeiras de Salitre.

Luar na Lubre. CONCELLO DE SEVILLA - Arquivo
Luar na Lubre. CONCELLO DE SEVILLA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta