Así foi o trunfo, ano e medio despois, da galega que esixiu á Xunta un protocolo para casos de morte prenatal

Sanidade implantará a demanda da ourensana Beatriz Rodríguez a menos dun mes do 12J. Máis de 230.000 persoas deron o seu apoio á iniciativa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Galicia conta dende onte cun protocolo de atención en caso de morte perinatal -cando o feto falece no útero materno, antes do parto- logo dos máis de dous anos de loita da ourensana Beatriz Rodríguez, que conseguiu recoller máis de 230.000 sinaturas de apoio e reunirse co Conselleiro de Sanidade Vázquez Almuíña.

Beatriz Fernández conseguir máis de 230.000 firmas de apoio para implantar un protocolo de morte perinatal nos hospitais galegos
Beatriz Fernández conseguir máis de 230.000 firmas de apoio para implantar un protocolo de morte perinatal nos hospitais galegos | Fonte: change.org

Rodríguez, natural de Ourense, comezou a campaña logro de sufrir a morte da súa filla. "Cando estaba a piques de dar a luz fixéronme unha ecografía e dixéronme que non atopaban latido", lembra a muller. Pouco despois, outros profesionais confirmaron a morte do feto. Rodríguez recorda esa noticia como "a peor que me podían ter dado".

UNHA EXPERIENCIA "TRAUMÁTICA"

Nese momento arrancou unha experiencia "traumática" da que aínda lamenta o abandono dos profesionais. "Din a luz como se fose un parto normal, sen axuda psicolóxica previa", explica. "Leváronme a unha habitación na que estaba rodeada de nais cos seus bebés", recorda a galega, que tampouco entón recibiu ningunha clase de atención psicolóxica. "Pedín que me cambiaran pero deixáronme alí", denuncia. "Non habería mellor sitio para min?"

Para dar a coñecer unha realidade "da que apenas se fala", Rodríguez arrancou unha recollida de firmas en xaneiro de 2018 que habería de culminar con máis de 230.000 sinaturas nunha petición da plataforma change.org. En decembro dese ano, logrou unha reunión co conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña, que se comprometeu a cumplir coa petición.

18 MESES MÁIS TARDE

A materialización das promesas do conselleiro chegan máis dun ano e medio despois e a menos dun mes das eleccións autonómicas. Con todo, Rodríguez segue a considerar un trunfo o resultado da súa longa loita. "Esta guía servirá de exemplo para outras comunidades e para o Ministerio de Sanidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta