Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 12:00
Un centenar de traballadoras da empresa People Plus non cobraron aínda a paga extra correspondente ó presente mes de xuño, segundo denunciou ante a Inspección de Traballo Provincial a Federación de Construcción e servizos de CCOO. O sindicato, á parte, tamén instou ó consistorio ferrolán a "tomar medidas", xa que a empresa People Plus exerce actualmente o servizo municipal de atención a domicilio.
Segundo informa a organización sindical nunha nota remitida a Galicia Confidencial, a paga debería ter sido aboada, como moi tarde, o día 15 de xullo. Por riba, e sempre segundo apunta CCOO, a empresa non proporcionou material de protección "suficiente" ás súas traballadoras durante a pandemia, "incumplindo" o procedemento os procedementos de protección de riscos.
O sindicato chama ó consistorio presidido polo socialista Ángel Mato a ter en conta os múltiples "incumplimentos" da compañía de cara á próxima adxudicación do servizo, á que a empresa volverá a concorrer, segundo apuntan. A formación sindical anuncia mobilizacións no caso de que a situación "non se normalice".
"CONTACTO FLUÍDO"
Dende o consistorio, pola súa banda, expresaron que "confían" en que o pago da contía sexa aboado "nos próximos días". O concello tamén quixo subliñar que People Plus é tan só unha das catro empresas que realizan o servizo, e que a o contacto entre a empresa e a concelleira correspondente é "fluído".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.