Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 12:36
A candidata de Ciudadanos á Xunta, Beatriz Pino, propón a creación dun "plan integral" para eliminar a hepatite C en Galicia, un reto que considera "perfectamente asumible" para o Servizo Galego de Saúde. A través dun comunicado, a tamén portavoz do partido laranxa en Galicia fixo fincapé na capacidade da comunidade á hora de desenvolver a tarefa, para a cal reúne "as características necesarias".
"É unha medida excelente que podemos asumir", apuntou a candidata, que lembrou que en Galicia hai máis de 4.000 persoas infectadas, mentres "unha importante porcentaxe" descoñece que o está.
Para rematar con esta situación, Pino considera "fundamental" facer estudos de seroprevalencia na poboación xeral, especialmente nos grupos de risco para que aqueles que estean infectados sáibano. "O custo non é un obstáculo para a realización desta sinxela proba", asegurou Pino.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.