Por Galicia Confidencial | Os Peares | 25/06/2020 | Actualizada ás 22:50
Os Peares, a localidade natal da familia do presidente galego, e da que el di sentirse moi orgulloso, vive a súa particular guerra veciñal. Nos últimos días as diferencias políticas dos seus veciños chegaron ao seu punto álxido cunha particular guerra de pancartas.
Feijóo, que arrinca a campaña nesta localidade, terá que enfrontarse a realidade de que Os Peares non é o seu bastión electoral. Alí hai xente para quen o presidente da Xunta non é ben recibido. Para uns é o seu "presidente" e para outros "non os representa".
Estes dous carteis, enfrontado un ao outro, chamou a atención do actor Morris Durán que decidiu sacar unha instantánea nas súas redes sociais. E iso será o que se encontre o presidente galego cando vaia de mitin a súa vila natal.
Non é a primeira vez que Feijóo recibie críticas nos Peares. Hai uns meses, a raíz da entrevista que mantivo alí co xornalista Jordi Évole, e na que falaron da súa amistade co narco Marcial Dorado, apareceron pintadas críticas nalgunhas paredes da localidade que foron borradas antes da gravación do programa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.