Hai partido

As enquisas electorais galegas publicadas no postconfinamento concordan en lle prognosticar ao PP de Feijóo unha cómoda maioría absoluta, que era moito máis dubidosa en febreiro, antes da emerxencia sanitaria. Porén, os dados dos que dispomos non son tan nidios nin unívocos.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 28/06/2020

Comparte esta noticia
A radiografía electoral galega das eleccións estatais, europeas e locais de 2019 reflicten unha maioría de case dez pontos porcentuais entre os votos ás forzas de centro-esquerda a respecto dos obtidos polo PP, Cs e Vox. Mesmo na recente enquisa do CIS a suma de voto directo e proximidade do BNG, PSdeG e Galicia en Común sobarda á do PP, Cs e Vox.  Está tamén a dúbida da participación nesta crise pandémica e, moi nomeadamente, a moi relativa fiabilidade das enqusas diante dunha porcentaxe de indecisos que sobarda o 30%. Fica case toda a campaña por diante, comezando polo debate do luns 29-X na CRTVG, que pode ser fulcral para confirmar se hai partido.
 
A enquisa do CIS reflicte dados moi importantes cara ao traballo futuro do galeguismo político, do soberanismo, nucleado arestora arredor do BNG. O 30% da cidadanía galega estaría por un Estado autonómico no que Galicia acadara máis poder (22,6%), até mesmo a posibilidade da súa independencia (7,4%). A maioría (40,7%) está polo actual Estado autonómico e só un 21,6% por un Estado autonómico con menos competencias para Galicia ou por un Estado unitario. Coas correccións que se tiran dos que nin saben nin respostan, un terzo da cidadanía galega está por máis autogoberno e case un 45% está por manter o limitado autogoberno actual. Un campo de traballo amplo, xa que logo, para o galeguismo. 
 
Tendo en conta a enxurrada de mensaxes e propostas recentralizadoras dos últimos dez anos hai país abondo para que agrome o traballo político do soberanismo galego. Velaí que cumpra conectar autogoberno e máis e mellor autogoberno con máis benestar e calidade de vida. Que cumpra mallar na idea de que os elementos do binomio autogoberno-benestar medran en relación directa o un co outro.
 

O presidente e candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, intervén en clausúraa do acto de campaña do Partido Popular celebrado na praza de touros de Pontevedra, Galicia, (España), a 27 de xuño de 2020.. Beatriz Ciscar - Europa Press
O presidente e candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, intervén en clausúraa do acto de campaña do Partido Popular celebrado na praza de touros de Pontevedra, Galicia, (España), a 27 de xuño de 2020.. Beatriz Ciscar - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.