Renfe destinará case 300 millóns a renovar a frota dos antigos FEVE, que conta con 3 liñas en Galicia

O desembolso permitirá mercar 37 convois.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Renfe adxudicará este luns o primeiro dos contratos de compra de trens que compoñen o plan de renovación da súa frota que lanzou o pasado ano, o correspondente á adquisición de trens de proximidade e de vía estreita, estimado nuns 287 millóns de euros, segundo anunciou o ministro de Transportes, José Luís Ábalos.

Dos 37 convois mercados, 6 deles irán parán á liña de proximidade Cercedilla-Cotos de Madrid, "dunha antigüidade de máis de corenta anos", segundo detallou Renfe. Os restantes 31 irán parar á cornixa cantábrica, que inclúe traxectos entre Galicia, País Vasco, Cantabria, Asturias, e Castela e León.

Tren, trens de proximidade de Renfe en Madrid. EUROPA PRESS - Arquivo
Tren, trens de proximidade de Renfe en Madrid. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

En concreto, a renovación dos convois afectará a un total de 3 traxectos regulares, todos saíntes de Ferrol. A nivel de proximidade, permitirá actualizar o tren da vía Ferrol-Ortigueira, mentres que no tocante á comunicación entre comunidades terá como obxectivo a conexión Ferrol-Oviedo. Tamén abraguerá o enlace entre Ferrol e Ribadeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta