Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 02/07/2020 | Actualizada ás 21:00
O sindicato Prosagap realizará este venres día 3 de xullo ás 20:00 un acto para a reivindicar a mellora das condicións laborais no sector sanitario. Esta concentración realízase no marco de reivindicacións dos sanitarios para unha sanidade pública de calidade. A concentración terá lugar na Praza de Galicia en Vilagarcía de Arousa. Á mesma hora e no mesmo lugar está previsto un mitin do partido ultradereitista Vox. O principal reclamo para este acto electoral é a presenza de Iván Espinosa de los Monteros.
O acto de Prosagap foi aprobado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra, mentres que o mitin de Vox foi autorizado pola Xunta Electoral. Non obstante, Vox tivo o seu permiso con posterioridade á aprobación outorgada a Prosagap.
O Concello de Vilagarcía tenta buscar unha solución para que non exista coincidencia ante hipotéticos roces entre as dúas concentracións. “Polo que entendemos, o Concello non debeu ser informado pola Xunta Electoral” din desde Prosagap. De momento non houbo resposta por parte das autoridades con competencias tanto sobre a concentración de sanitarios como sobre a de Vox.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.