Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 22:36
Vilagarcía viviu este venres un acontecemento singular. A manifestación convocada en defensa pola sanidade pública na Praza de Galicia coincidiu coa celebración dun mitin de Vox, que contaba coa presenza do seu portavoz parlamentario, Iván Espinosa de los Monteros.
A xunta electoral advertiu desta situación durante a xornada á Subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra, que tomou medidas para garantir a celebración de ambos os actos simultáneos, con abundante presenza policial na contorna da praza e cercando o propio acto da formación estatal.
Ambos transcorreron sen incidentes e con normalidade, aínda que gran parte dos manifestantes responderon nalgunha ocasión cunha sonora pitada e apupos a comentarios do propio Espinosa de los Monteros e ao himno de España, ao berro de "fóra" e "fascistas".
En resposta, os manifestantes alí congregados entoaron o himno galego, e realizaron un aplauso masivo para reivindicar a sanidade pública.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.