Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/07/2020 | Actualizada ás 22:49
"Son resultados moi malos sen paliativos, inesperados, un fracaso absoluto que asumo en primeira persoa", con esta contundencia se referiu Antón Gómez-Reino aos resultados electorais das eleccións do 12X nas que Galicia en Común non obtivo ningún escano.
Un desastre sen precedentes na historia política de Galicia --pasar de 14 deputados a ningún-- que Gómez Reino recoñeceu sen paliativos. Ademais, dixo que o que máis lle doe é non ter sacado representación que servira para acabar coa maioría absoluta de Feijóo." Os resultados non son bos para Galicia e dános mágoas non ter contribuído a acabar coa maioría do PP", suliñou.
Finalmente, o candidato de Galicia en Común anunciou que todo o espazo político iniciará nos vindeiros días unha reflexión para valorar o futuro. "A partir diso miraremos que faremos", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.