A Xunta xustifica o traslado da ambulancia de Vilagarcía a Sanxenxo "porque hai máis xente" no verán

"Non é unha distancia quilométrica moi grande", di para xustificar que esa ambulancia seguirá atendendo a toda a xente do Salnés.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/07/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou este venres o traslado da ambulancia medicalizada desde Vilagarcía de Arousa a Portonovo e Sanxenxo porque, nesta zona, "hai máis xente vivindo" no verán pola chegada masiva de turistas e destacou que ese traslado so facerse sempre en época estival.

Prosagap denuncia que a ambulancia de Vilagarcía será trasladada para Portonovo para atender aos turistas
Prosagap denuncia que a ambulancia de Vilagarcía será trasladada para Portonovo para atender aos turistas

"Non é unha distancia quilométrica moi grande", dixo ao tempo que suliñou que esa ambulancia seguirá dando cobertura a toda a xente do Salnés. Neste sentido, suliñou que o 061 estará sempre activo para casos de de patoloxías críticas urxentes, que terán prioridade.

Con todo, lembrou que baixo o seu goberno, o Sergas conta con 12 ambulancias de soporte vital avanzado, 4 de soporte vital avanzado de enfermería, 107 de soporte vital básico, e 2 ambulancias convencionais. Ademais, dixo que o helicóptero medicalizado incrementou as horas por contrato. "E isto non é u tema menor", suliñou. "E no caso da bisbarra do Salnés incrementamos unha praza de ambulancia, ademais da anterior", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta