Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 11:12
O pasado mes de xullo tivo lugar o recoñecido concurso internacional de meles London Awards. Dende a Asociación Galega de Apicultores (AGA) enviaron tres das mostras gañadoras do concurso de Meles Cinco Estrelas. Hoxe recibiron a lista de gañadores e houbo tres participantes que quedaron seleccionados os tres nas categorías de ouro, prata e bronce.
O Gold Honey Award, ouro: Mel de Brea-eucalipto, de María del Mar Brea Botana, A Estrada; o Silver Honey Award, prata: Mel Abella Obreira-melato de carballo, de David Souto Gago, Riós; e o Bronze Honey Award, bronce: Mel Rural-queiroga, de Manuel Macía González-Euromel, S.C., Quiroga.
"Este acontecemento remarca a calidade e competitividade dos nosos meles e da forza que teñen para a súa comercialización internacional", indican dende AGA que segue a traballar para "mellorar e poder dar a coñecer o noso mel no mundo enteiro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.