Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 13:00
O BNG, xunto a ERC, JxCat, PNV, EH Bildu, CUP, EQUO, Compromís e Unidas Podemos, vén de rexistrar a proposta de creación dunha Comisión de Investigación sobre a espionaxe e intromisión á privacidade e intimidade de líderes políticos, institucións e persoas individuais por parte de estruturas públicas do Estado.
Segundo informacións publicadas por The Guardian e El País revelan unha presunta espionaxe ao president do Parlament de Cataluña, Roger Torrent, a exdeputada das CUP, Anna Gabriel, e outros representantes do independentismo, así como ás investigacións e informacións referidas ao Caso Villarejo. “As forzas políticas asinantes denunciamos a gravidade destes feitos e esiximos que se investiguen até o final” subliñou o deputado do BNG, Néstor Rego.
O Congreso constatou a existencia dunha “policía patriótica” impulsada polo goberno do Partido Popular que se dedicada a atacar aos rivais políticos que contaba co seu brazo mediático e o seu brazo xudicial.
O deputado do BNG no Congreso dos Deputados salientou que “unha sociedade que pretenda ser democrática non pode ter cabida a persecución de rivais políticos co uso de métodos ilegais, como lamentablemente constatamos en demasiadas ocasións”.
O Bloque Nacionalista Galego esixe ao goberno que investigue os feitos, depure responsabilidades e adopte medidas drásticas para garantir que ninguén será vítima de espionaxe por defender un determinado proxecto político.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.