Declaran a 'situación 2' no incendio de Monterrei, que afecta a 100 hectáreas

Houbo que cortar unha estrada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 23:20

Comparte esta noticia



A Consellería do Medio Rural declarou como medida preventiva a denominada 'situación 2' nun incendio forestal activo no municipio ourensán de Monterrei.

Segundo explicou Medio Rural, esta situación operativa de emerxencia declárase "por proximidade do lume ao núcleo de Salgueira". Ademais, pechouse ao tráfico a estrada que une Medeiros e O Requeixo.

O incendio forestal de Monterrei que afecta á parroquia de Flariz desde as 17,05 horas deste venres arrasou unhas 100 hectáreas, segundo as primeiras estimacións.

Na zona traballaron tres axentes, seis brigadas, catro motobombas, unha pa e medios aéreos.

Un hidroavión no incendio forestal / MARTA VÁZQUEZ/EUROPA PRESS - Arquivo
Un hidroavión no incendio forestal / MARTA VÁZQUEZ/EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta