Por Europa Press / Redacción | Ourense | 27/07/2020 | Actualizada ás 19:58
Medios de extinción traballan este luns nun incendio que permanece activo no municipio ourensán de Toen, que precisaron que o lume de Monterrei, o máis grande da tempada en Galicia, permanece estabilizado.
En concreto, o incendio de Toén iniciouse ao redor das 18,00 horas deste luns e, polo momento, non hai estimación da superficie afectada. Nos labores de extinción participan cinco avións, tres helicópteros, tres axentes, seis brigadas e cinco motobombas.
Por outra banda, Medio Rural apunta que o incendio forestal de Monterrei, que se iniciou o venres na parroquia de Flariz, permanece estabilizado desde as 15,20 horas do domingo e, polo momento, non rexistra cambios. As últimas estimacións do Goberno galego falan de 720 hectáreas afectadas, 450 de superficie forestal (400 de monte raso e 50 de monte arborado) e 270 agrícolas.
Para colaborar nos labores de extinción mobilizáronse ata o momento nove helicópteros, 12 avións, 28 axentes, 70 brigadas, 32 motobombas, dúas pas e catro técnicos, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.