Unha banda deseñada para coñecer de preto a vida de Carvalho Calero

A obra, dispoñible na versión RAG e na versión AGAL, fai un percorrido pola historia do século XX a través da traxectoria do homenaxeado nas Letras Galegas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A homenaxe a Ricardo Carvalho Calero como parte das Letras Galegas 2020 segue avanzando pese ó indubidable impacto da covid. O derradeiro dos recursos achegados é reponsabilidade da AGAL en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que veñen de achegar unha banda deseñada pensada para o seu emprego en centros escolares.

Ilustración de Carvalho Calero
Ilustración de Carvalho Calero | Fonte: AGAL

Baixo o título "Carvalho Calero, Corazón de Terra", a obra ilustrada fai un percorrido pola traxectoria do autor que, á súa vez, serve como repaso da historia do século pasando poñendo o foco en Galicia. Así, o recurso abrangue dende os anos do agrarismo ata a democracia, pasando pola república e os longos anos da ditadura franquista.

A banda deseñada, asinada por Susana Álvarez e publicada por Demo Editorial e Através Editora, foi publicada tanto na gramática oficial da RAG como na variante reintegracionista, da cal Carvalho Calero é considerado o principal pai e teórico. Na web do escritor pódese acceder a un recurso docente complementario á lectura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta