Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2020 | Actualizada ás 14:25
O anuncio da casa real española de que o rei emérito Xoán Carlos I de Borbón abandonaba o Estado logo das filtracións da suposta trama de corrupción do AVE á Meca veñen de desatar unha tormenta de reaccións políticas na que unhas e outras formacións se ven obrigadas a significarse.
No entorno da esquerda -á parte dos parabéns do Goberno ó monarca por "fortalecer" a Monarquía- as reaccións son contundentes. Mentres que no BNG piden a fin da monarquía, no entorno de Galicia en Común e as mareas as respostas ó 'exilio' aproveitan o acontecemento para pedir a conformación dunha fórmula de goberno republicana.
PSdeG
Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou que o estado de dereito "ten que aplicarse a todos" os cidadáns deste país e lembrou, neste sentido, que xa "funcionou" cando Iñaki Urdangarín, esposo da que era infanta Cristina, foi condenado a prisión por delitos de corrupción.
A preguntas dos medios, o líder socialista reflexionou sobre a monarquía que, como fórmula de goberno ten un "compoñente anacrónico" nos tempos actuais, pero como monarquía parlamentaria ou "limitada" ten unha "funcionalidade" en moitos países do mundo. Dito isto, indicou que "o máis relevante agora é que o estado de dereito agora se aplica sempre para todos e para todas".
"A democracia española e o estado de dereito funcionou cando fixo que un esposo dunha infanta tivese que ir ao cárcere. E, por tanto, agora temos que, mantendo a presunción de inocencia, o estado de dereito aplíquese a lei con igualdade a todos os cidadáns e se a Fiscalía ten que tomar medidas, que as tome con toda a dilixencia", expresou, en declaracións aos medios.
BNG
Baixo o hashtag "GaliciaNonTenRei", cargos da formación como Néstor Rego ou Olalla Rodil manifestaron o seu rexeitamento a unha institución "medieval, antidemocrática" e "herdeira da xefatura do estado por decisión dun fascista". De xeito paralelo, e baixo o mesmo hashtag, instaron á celebración dunha 'cacerolada' contra a familia real e a institución monárquica.
Un rei á fuga. Mais ainda fica outro. Haberá que desfacerse de todos, non? #GalizaNonTenRei #RepúblicaGalega #República pic.twitter.com/WbGNMcvOFk
— Néstor Rego (@NestorRego) August 3, 2020
Intentan salvar unha institución medieval, antidemocrática e herdeira da xefatura do estado por decisión dun fascista. Isto, queridas, non hai reanimación que aguante xa. O problema non é #JuanCarlosI, é a monarquía. Que vergoña todo, que noxo! https://t.co/CDzQRvP6zA
— Olalla Rodil (@orodil) August 3, 2020
GALICIA EN COMÚN
Por parte de Galicia en Común a resposta á "fuxida" de Xoán Carlos I tomou unha dimensión máis institucional. A través dun comunicado compartido por Antón Gómez-Reino, subliñaron a necesidade de que o monarca, "investigado por sete presuntos e graves delitos de corrupción" responda ante a Xustiza e que "o pobo decida".
Non. Non é un exilio.
— Galicia en Común (@EnComun_Gal) August 4, 2020
É a vergoñenta fuxida vergoñenta dun suxeito investigado por sete presuntos e graves delitos de corrupción,evasión fiscal e branqueo de capitais.
Juan Carlos de Borbón debe respostar do feito.
E o pobo ten que ser quen decida👇https://t.co/YpmUhvN1Rp
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.