Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 11:54
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde da Consellería do Medio Rural pola que se aproba a reestruturación parcelaria da zona de Benza, no municidio coruñés de Trazo .
En concreto, este proceso afecta a 1.170 hectáreas cuxa titularidade corresponde a 458 veciños e levou un investimento de case 2,3 millóns de euros por parte da Xunta, segundo detallou o departamento autonómico nun comunicado.
Deste xeito, determínanse os predios de substitución cos novos titulares de acordo coa superficie resultante da reorganización e a nova clasificación da terra. Así, este proceso permitiu reoganizar 4.424 parcelas en 1.132 predios.
No entanto, os interesados poderán interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural contra esta resolución. Para iso, disporán dun prazo dun mes que se contabilizará desde o día seguinte á recepción persoal ou a publicación sustitutiva.
O Concello de Trazo conta cunha extensión total de 10.130 hectáreas e o 81% da súa superficie atópase concentrada ou en proceso de estalo, o que suma máis de 8.300 hectáreas.
De feito, finalizáronse sete procesos de reestruturación parcelaria nesta localidade, mentres que dúas, entre os que se atopan esta zona de San Pedro de Benza e a de Santa María de Trazo, permanecen pendentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.