Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 05/08/2020 | Actualizada ás 14:11
O PIB de Galicia esborrallouse un 14,9% no segundo trimestre deste ano en comparación co tres meses anteriores polo impacto do coronavirus, segundo a estimación elaborada e publicada pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef).
Con todo, este descenso é inferior ao da media española (-18,5%). De feito, a caída da economía galega é a cuarta menor entre comunidades, só con mellores datos en Estremadura (-12,5%), Murcia (-13,5%) e Cantabria (-14,4%).
No outro extremo, hai un afundimento do 26,4% en Baleares. Xunto con Comunidade Valenciana, Cataluña, Canarias e Navarra foron as rexións que rexistraron maiores caídas de PIB no segundo trimestre respecto ao primeiro do ano, con descensos superiores ao 20% en todos os casos nun trimestre afectado integramente pola crise do Covid-19.
Na comparativa co segundo trimestre de 2019, a baixada do PIB galego é do 18,2%, tamén menos que a media (-22,1%). Neste caso é o terceiro menor descenso.
ESTIMACIÓN DA AIREF
Así se desprende da estimación do PIB das comunidades autónomas (CCAA) para o segundo trimestre de 2020, mediante a metodoloxía de estimación trimestral por Comunidades Autónomas do PIB (Metcap), tras rexistrarse unha caída intertrimestral do PIB nacional do 18,5% e interanual do 22,1%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.