Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 07/08/2020 | Actualizada ás 18:46
O comité de empresa de Move Servicios de Ocio y Deporte, concesionaria do servizo de salvamento nas praias da Coruña, convoca folga indefinida a partir do 18 de agosto. Os socorristas dos areais coruñeses denuncian "sucesivos incumprimentos laborais" da empresa.
A través dun comunicado, os traballadores sinalan o incumprimento sobre o abono de horas extra, a falta de medios preventivos para o traballo, o despedimento dun empregado e as sancións a outro cinco, con sancións "de ata 15 días de suspensión de emprego e soldo".
Os representantes do persoal denuncian que o Concello "tolera" que o servizo estea "nun contrato de emerxencia" con medios que non funcionan, como, din, as motos de auga. Os socorristas piden desculpas aos usuarios das praias polas "molestias" que poida supor a medida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.