Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2020 | Actualizada ás 20:29
O brote nun cámping da localidade coruñesa de Muros rexistra xa seis positivos, tras sumar un máis na tarde deste domingo, informaron fontes sanitarias, que indicaron que se lles fixeron probas PCR a 69 persoas esta tarde.
Persoal sanitario desprazouse ata as instalacións, nas inmediacións da praia de Louro, para facer estas novas probas a persoal e residentes. Os resultados das mesmas coñeceranse mañá.
O sábado coñecéronse os positivos de dúas persoas que se aloxaron nos últimos días nas instalacións. O rastrexo levara a illar a outros 23 usuarios das mesmas, considerados contactos estreitos e que se fixeron unha PRC. As probas arroxaron tres positivos, aos que se suma este último comunicado a última hora da tarde do domingo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.