Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 13:56
O brote relacionado cun cámping da localidade coruñesa de Muros se sitúa en sete casos positivos, tras obter resultado negativo as 69 PCR realizadas o domingo.
De feito, persoal sanitario desprazouse ata as instalacións, nas inmediacións da praia de Louro, para facer estas novas probas a persoal e residentes. Fontes da área sanitaria de Santiago e Barbanza confirmaron que "todas as PCR realizadas" este domingo ao resto dos residentes e traballadores do cámping "foron negativas".
O sábado coñecéronse os positivos de dúas persoas que se aloxaron nos últimos días nas instalacións. O rastrexo levara a illar a outros 23 usuarios das mesmas, considerados contactos estreitos e que se fixeron unha PRC. As probas arroxaron tres positivos, aos que se sumaron outros dous.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.