Por Europa Press / Redacción | CORUÑA, A | 17/08/2020 | Actualizada ás 14:48
O persoal de salvamento das praias da Coruña acordou a suspensión da convocatoria de folga indefinida que se iniciaría este martes, "tras conseguirse algúns avances coa empresa concesionaria e a solicitude de mediación da autoridade laboral", informa a CIG.
Nun comunicado, a central sindical acolle con satisfacción que se inicien as negociacións, "o que non se conseguiu sen a loita das traballadoras e traballadores na defensa dos seus dereitos", sinala tras a concentración convocada por este colectivo a pasada semana.
Tamén avanza que, polo momento, acordouse coa empresa "anular as sancións inxustamente impostas, a reposición adecuada dos EPI, a concesión de medidas sociais e a solicitude de mediación á autoridade laboral para mediar sobre o correcto abono das horas extras".
Por iso, sinala que "á espera dunha pronta reunión para que se dea esa mediación e dunha adecuada resolución", acordouse deixar en suspenso a folga indefinida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.