O Pantín Classic reúne ós amantes do surf nunha edición marcada polas restriccións sanitarias

O público ten que rexistrarse para poder acceder e os deportistas levarán a máscara ata que o momento de entrar na auga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A praia de Pantín, en Valdoviño (A Coruña), acolle durante estes días unha nova edición da proba de surf Pantín Classic onde as medidas sanitarias impostas por parte da organización supoñen a novidade, ademais de tratarse dunha proba do tipo open, xa que neste ano 2020 debido á COVID-19 non se convocou o Campionato do Mundo, ao que pertence todos os anos a competición que se desenvolve no areal de Ferrolterra.

A edición deste ano viu reducida o número de asistentes, limitado a mil persoas. Desta forma quen desexe asistir deberá rexistrarse primeiro complementando un formulario que poderán atopar na web oficial. Logo recibirán un código QR que deberá presentar no móbil ou impreso e que lle servirá para todos os días de competición, sempre que o aforamento non estea completo.

Desta maneira, a organización non só controlará a cantidade de asistentes, senón que, ademais, coñecerá a súa identidade e o tempo de permanencia, datos que en caso de ser necesario serán utilizados polas autoridades sanitarias. Ademais, é obrigatorio o uso permanente da máscara e a desinfección frecuente de mans, informado de maneira permanente desde a organización, a través da megafonía, sobre a normativa vixente, onde ademais o horario reduciuse e toda a parte lúdica dunha competición que vira ao redor dunha proba deste tipo foi suspendida.

PRESENTACIÓN

Ao mesmo tempo que se iniciou a competición, ás 8,00 horas deste mércores, 19 de agosto, ao mediodía realizouse a presentación da proba onde o seu director, Marcos Rodríguez, destacou a boa acollida que tiveron entre o público e deportistas as medidas de protección, onde os surfeiros teñen que levar a máscara posta ata a chegada á auga e alí retirala e tras introducila nun plástico gardala nos seus traxes de neopreno, para volver colocala unha vez abandonan o mar.

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo, Manuel Vila, destacou que a proba de Pantín é das máis antigas e que a súa celebración nestas condicións convértena en "unha proba segura" e que permite ir recuperando "aos poucos a normalidade de eventos". Tamén a secretaria xeral de Igualdade, Natalia Prieto Viso, apuntou "o compromiso na loita contra a violencia de xénero e a eliminación contra todo tipo de discriminación, xa que o surf serve como vehículo para inspirar valores como o respecto e a colaboración".

Na proba deste ano danse cita sobre todo surfeiros de España, Portugal e Francia, ademais de Alemaña, tanto nas categorías masculina como feminina, superándose os dous centenares.

Campionato de Surf
Campionato de Surf | Fonte: Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta