Galicia rexistra un temporal en pleno verán

Ventos de máis de 110 quilómetros por hora e choivas acumuladas de ata 64 litros por metro cadrado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A borrasca situada ao sur de Irlanda está a provocar fortes ventos, con refachos que superaron os 110 quilómetros por hora, e choivas intensas, con acumulados de ata 64 litros por metro cadrado, en Galicia este mércores.

De acordo cos datos de Meteogalicia actualizados a ata as 19,30 horas, o rexistro de velocidade máxima do vento foi ás 15,00 horas en Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), cun valor de 110,3 quilómetros por hora. Os ventos chegaron ás 10,10 horas a 109,5 quilómetros por hora no Xistral, en Muras (Lugo), que se atopa por encima dos 900 metros de altitude.

Ademais, en punta Candieira, en Cedeira (A Coruña), os refachos máximos chegaron aos 105,4 quilómetros por hora ás 3,10 deste mércores, mentres que as 15,50 rexistráronse 102,7 quilómetros por hora na Pontenova (Lugo) e 100,3 na Gándara, en Vimianzo (A Coruña).

En canto ás choivas, en Muralla, no municipio coruñés de Lousame, acumuláronse ata as 19,30 horas un total de 63,8 litros por metro cadrado; mentres que en Fontecada, en Santa Comba (A Coruña), alcanzáronse 53 litros por metro cadrado.

En Rois, tamén o a provincia da Coruña, o acumulado chegara a 41,1 litros por metro cadrado. En Paramos, en Val do Dubra, rexistráronse 40,4 e en Coto Muiño, en Zas, 34,1 litros por metro cadrado.

A zona occidental da comunidade está este mércores en aviso amarelo por fortes ventos do sur e precipitacións, que se prevén especialmente abundantes entre as 18,00 e as 21,00 horas.

Temporal na Coruña.
Temporal na Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta