A vila non recupera a súa vida anterior á explosión. A pesar de todo o ruído xerado tras o fatídico accidente e tódalas promesas políticas, os afectados seguen a padecer, cada vez máis en silencio, as consecuencias dunha explosión da que non teñen culpa.