Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2018 | Actualizada ás 11:43
Os deputados dos catros grupos políticos e os membros do Goberno galego gardaron un minuto de silencio ao comezo da última xornada do debate de política xeral pola traxedia de Mallorca, na que faleceron dez acodes e un neno de 5 anos permanece desaparecido.
As dez vítimas mortais confirmadas nas inundacións de San Llorenç des Cardassar son seis homes e catro mulleres, unha delas nai dunha menor á que conseguiu salvar a vida e do neno desaparecido.
O Parlamento de Galicia acolleu esta semana o Debate sobre o estado da autonomía que conclúe este xoves co debate e votación das propostas de resolución. Unha delas, relativa á explosión dunha pirotecnia en Paramos (Tui), de En Marea, non foi admitida a trámite debido ao seu carácter local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.