Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 18:02
Municipios do norte de Lugo e A Coruña rexistraron ao longo deste domingo, xornada marcada por alertas de nivel laranxa e amarelo, fortes refachos de vento que superaron os 125 quilómetros por hora (km/h). Segundo os valores recollidos por Meteogalicia, a marca do día vén ostentada pola estación de Penedo do Galo, en Viveiro, que ás 12,20 horas do mediodía notificou refachos de 128,2 km/h.
Entre as estacións meteorolóxicas situadas a menos de 900 metros de altitude, tamén a da Pontenova rexistrou valores similares, con 126,7 km/h ás 15,00 da tarde. Séguelle a de Punta Candieira, en Cedeira, con 125,3 km/h ás 10,50 da mañá. Mentres tanto, entre os medidores a máis de 900 metros, destacan a do Xustral, en Muras, que notificou ventos de 127,8 km/h ás 15,10; e a de Lardeira, no Barco de Valdeorras, con 120,4 km/h ás 15,40.
En canto ás precipitacións, ata as 17,30 da tarde deste domingo o punto máis chuvioso da Comunidade foi Lousame, onde caeron 76,6 litros de auga por metro cadrado (l/m2). Tras este, está a estación de Paramos en Val do Dubra, con 55,6 l/m2; e o de Fontecada, en Santa Comba, con 54,9 l/m2 rexistrados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.