Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2020 | Actualizada ás 19:32
A literatura e a cultura galegas estreitan lazos co lecer e a creación dixital ao redor da figura de Carlos Casares. O II edición das xornadas 'Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal' contarán nesta ocasión cun certame de 'pixel art' e unha 'game jam' relacionados coa obra do autor galego.
A Fundación Carlos Casares organiza estas xornadas entre o 11 e 12 de setembro, nas que se debate sobre as perspectivas do sector e as sinerxías con outros xéneros, como a literatura, con relatorios especializados. O evento celébrase no Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Unha das principais novidades desta edición radica nos certames. Por unha banda, impúlsase un concurso de arte pixelada entre o 20 de agosto e o 10 de setembro, no que se pide a presentación dunha peza orixinal (dun máximo de 512*512 píxeles) sobre os episodios ou personaxes da novela 'Ilustrísima'.
Precisamente, este ano conmemórase o 40 aniversario da súa publicación e as creacións poderán visitarse no Marco de Vigo e na web 'videoxogoeliteratura.gal'. Os dous primeiros premios contan cunha dotación de 250 e 125 euros, respectivamente.
Outro dos certames é a 'game jam'. O concepto do concurso é o de crear un videoxogo en equipos de tres persoas e nunha semana de prazo, sobre un tema concreto relacionado coa obra de Carlos Casares e que unicamente coñecerán en canto empezo o período de programación.
O premio será de 500 e de 250 euros, respectivamente, para o gañador e segundo equipo clasificado. O prazo de inscrición ábrese este xoves.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.