A Xunta, branco das críticas nas redes por pedir un protocolo escolar cando ten "plenas competencias"

Políticos, sindicatos e tuiteiros critican a "irresposabilidade" do goberno de Feijóo: "tiveron meses para preparar o inicio do curso".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Chóvenlle as críticas á Xunta tralo anuncio da Consellería de Educación de que pediría un protocolo ó Goberno central para regular o regreso ás aulas. Tuiteiros das catro provincias galegas, entre os que se contan figuras da política como a voceira nacional do BNG Ana Pontón ou o socialista Abel Losada, afean ó goberno de Feijóo a súa "irresponsabilidade" por non exercer as súas "competencias plenas" na materia.

Alberto Núñez Feijóo durante unha rolda de prensa. ANA VARELA
Alberto Núñez Feijóo durante unha rolda de prensa. ANA VARELA

Os internautas afearon á parte que o goberno Feijóo demandara a intervención do executivo central cando eles "teñen as competencias de sanidade e educación".

O anuncio da Xunta, coincidindo coa aproximación do inicio do vindeiro curso escolar, provocou á par o rexeitamento de sindicatos e docentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Gamela

Curiosa tanta "unanimidade", pero ninguén fala da Ministra Celaa (Neguri) que seica o ten moi claro: os que teñan medios sacarán proveito do curso escolar e os que non teñan nin medios, nin competencias dixitais que se toquen o carallo ! Non é de estrañar que Feijoo quera escoitar as "nova ideas" dos máximos responsables da Educación (Castells xa se sabe que considera o seu Ministerio de Universidades como algo INÚTIL, pero cobrar seica cobra tódolos meses!) En fin, demasiada unanimidade para 6 prórrogas de Estado de Alarma ! Supoño que en novembro volveremos ao confinamento forzoso (?)

2 km0

Eu teño unha boa idea que seguro que a el vaille gustar.. PRIVATIZAR A EDUCACION PUBLICA.. así algun amigote pode gañar cartos e cando algo salga mal, a culpa é dos outros!!

1 Lad

A ver se cola... A culpa é do Coletas.