Desaloxan de xeito forzoso unha vivenda okupada en Oleiros tras unha orde xudicial

As persoas que ocuparon o inmoble fixaran o mesmo con outro e saíron logo de que o dono lles pagara unha cantidade de cartos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/08/2020 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O desaloxo dunha vivenda okupada na avenida das Mariñas en Oleiros, na zona de Perillo, levouse a cabo este venres sen incidentes e tras unha orde de desaloxo forzoso do Xulgado de Instrución número 3 da Coruña, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

No auto, a maxistrada ordenou á Garda Civil que, "cos medios ao seu alcance", procedese ao lanzamento e desaloxo do inmoble, "reestablecendo a situación anterior a esa okupación". A instrutora precisaba que esta medida resultaba "necesaria para evitar que a situación de okupación ilexítima perdure máis no tempo". Ademais, indicaba que está "encamiñada a protexer o dereito á inviolabilidade do domicilio".

"Tendo en conta que os denunciantes foron desposuídos do uso da súa vivenda por terceiras persoas que carecerían de autorización para residir na mesma, acordouse o desaloxo forzoso", conclúe a instrutora, á vez que destaca que en días anteriores á okupación, os denunciados "desaloxaron voluntariamente outra vivenda, previo pago do seu propietario, demostrando unha habitualidade e reiteración neste tipo de condutas ilícitas".

A titular do Xulgado de Instrución número 3 da Coruña indica no auto que os investigados "recoñeceron nas súas declaracións en sede xudicial que okupan de maneira ilexítima o inmoble e que saben que o propietario quere que se marchen", á vez que manifestaron "a súa negativa a abandonalo mentres non se lles xestione unha vivenda social".

Casa okupada
Casa okupada | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta