Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 13:15
Os organizadores do Atopo Artes pola Integración decidiron pospor ao segundo fin de semana de decembro este evento, previsto para o 4 ao 6 de setembro na Coruña, "pola actual situación do COVID-19 e por traballar con persoas de risco", informa.
'Artes pola integración' é un proxecto que comezou a súa andaina no ano 2008 tras un traballo de inclusión social a través do teatro e a danza en prisións galegas. A temática deste novo encontro centrarase no uso dos espazos abandonados da cidade para presentar as propostas artísticas. "Unha metáfora ou paralelismo con certas persoas que, por ser distintas, sofren o abandono social e necesitan ser visibilizadas", explican os seus promotores.
O programa incluirá espectáculos de danza contemporánea e inclusiva no centro Ágora e no Teatro Rosalía de Castro, así como espazos de reflexión na Fundación Luís Seoane, entre outras propostas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.