Hablamos Español denuncia a "discriminación" do castelán en Galicia: "é unha anomalía democrática"

Nun novo informe presentado este mércores denuncian que hai "grandes empresas" que reciben diñeiro das autonomías para "eliminar" o castelán da súa rotulación.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

"Discriminación del español por las comunidades con lenguas bilingües". Esa é o título do último informe da asociación Hablamos Español, liderada pola viguesa Gloria Lago, que á parte é tamén presidenta de Galicia Bilingüe. Segundo denuncia a plataforma de Lago, os gobernos das comunidades autónomas con bilingüísmo "discriminan o emprego do español" nun amplo abano de usos que abrangue dende o emprego de documentos públicos ata a súa rotulación e campañas.

Gloria Lago, presidenta de Hablamos Español e Galicia Bilingüe
Gloria Lago, presidenta de Hablamos Español e Galicia Bilingüe

Dende a formación aseguran que a circunstancia actual a nivel lingüístico constitúe unha "anomalía democrática" que "non pasa en ningún país do mundo" e que, por conseguinte, "non se debería de aceptar como normal". E é que, segundo denuncia a plataforma, "ás persoas que piden ser atendidas en castelán, no mellor dos casos, fáiselles pasar por lentos trámites". Á parte, aseguran, estas persoas son tratadas con "desconsideración" por parte da administración, "como se fose unha rareza ou unha cuestión de ignorancia pedir o uso dunha lingua oficial ante a administración".

Dun xeito semellante, Hablemos Español centra as súas críticas nas "grandes empresas privadas" que "exclúen o castelán da súa rotulación", empregando tan só a lingua "autonómica". Dende a plataforma sosteñen que "algo así non se fai por motivos comerciais, obviamente, senón ideolóxicos". Por iso, explican, xa levaron adiante campañas para que os consumidores "fagan valer a súa forza", en particular con respecto ás empresas que "reciben diñeiro dos gobernos autonómicos para eliminar o español da súa rotulación".

GALICIA, "Á CABEZA" DA "DISCRIMINACIÓN"

A conclusión do estudo desenvolto pola formación comandada por Gloria Lago é que durante o confinamento incrementouse a "imposición lingüística" e o "diñeiro público destinado a sufragar" esta "eliminación ilegal" do castelán. Segundo explican dende a plataforma, a estela de "discriminación" ó castelán contaría con Cataluña e Galicia "á cabeza deste antidemocrático comportamento", se ben se estende a "todas as comunidades bilingües "en maior ou menor medida".

O comunicado da asociación remata facendo fincapé na necesidade de respectar a cooficilidade dos territorio, sen importancia de que "en algunhas ocasións se poida comprender ou adiviñar a mensaxe na lingua autonómica". A formación, con todo non oculta que "sería máis sinxelo, máis barato e máis comprensible para todos rotular en español en toda españa, pero supoñería vulnerar os principios de cooficialidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

8 Moine

Se me conta-se que em algum País algumhas das suas gentes teriam-se tanta auto-genreira, nom daría crédito; mas na Galiza todo é possível até defender a sua destruçom. Livrem-nos os deuses desta morralha.

7 Breo

Isto e retranca? Seguro.

6 CastelaoPaSogama

Si fuese paea imponer el inglés aún tenía un pase. Pero se impone el gallego que no vale para nada porque no hay una sola empresa que pida saber gallego o pague más a aquellos trabajadores que lo conocen. De hecho es un demérito: nadie se atreve a presentar un currículum en gallego porque queda de patán o de extremista.

1 Amancio

Efectivamente. De feito, sei que hai empresas de recursos humanos que valoran negativamente que fales galego na entrevista de traballo. Pura discriminación. Agradécese que os fans de Hablemos Español deixedes claro que vos parece ben.

2 CastelaoPaSogama

Canta claro. Non hai ningunha empresa que valore positivamente falar en galego na entrevista de traballo, polas connotacións que ten de fan de Luar ou de extremismo.

3 Ailalelo

Non dead mais noxo BOXteiro!! Es un troll máis do Pp senón estás pra ir po lume sí!! Servenos na Galiza,no Bierzo, Eonavia,etc e polo mundo lusofalante moitos galegos atopan choio polas similitudes!! Se che fode o galego pira pra Madrid!!

5 Currelante

Hai escolas superiores en Vigo que só empregan o inglés. Tamén hai empresas, con dedicación ao comércio, novas tecnoloxías e investigación, que usan exclusivamente o inglés. Igualmente hai localidades costeiras no Mediterráneo con todos os comercios en inglés... Sabedes por que os fascistas Gloria Lake, Nostruz e Richard R., non protestan? Por facetas os valentes cos débiles periféricos e moi medosos cos grandes impérios! O ódio racial españolista combátese con cultura plural!!!

4 Jeff

Wait... What? Que alguén lea a biografía desta mulher.. De pai militante na falanxe pasando por o avó q envelenou a xente con caña de hervas ilegal e ex militante do PP. Agora subvenciona os medios en liña pra que fagan campaña das suas iniciativas de odio anti-galeguista.

1 Gamela

Se os delitos dos pais fosen herdados polos fillos medio mundo estaría no cárcere ! Ao mellor é así como imos rematar (?)

2 Xandasbolas

Gamela defendendo a Gloria Lago! Novidade? Non, para nada, vellas amizades e coincidencias bífidas! Acontece que hai familias que lle deben moitos favores ao fascismo español (franquismo para os aprendices) e que se pagan por xeracións. Tan simple que non hai taparrabos que o esconda: Mariano Rajoy non sería coñecido de non ser polo pai xuiz no caso Redondela, Gloria Lago non sería activista do fascio sen a axuda familiar recibida pola xustiza de Franco con indultos aos antepasados directos e aínda temos que aturar unha novela para mudar o crime nun conto rosa. E os amigos a disimular...

3 Gamela

Disimular, nada de nada ! Pero se pretendes que os fillos herden os pecados dos pais e dos avós e dos tataravós... a cousa ponse non de cor rosa senon de cor negra para a inmensa maioría da poboación que naceu e viviu nos 40 anos do franquismo ! Todos somos HERDEIROS DA CRUS ou é que algúns tivéchedes a toda a familia apuntada nos Maquis ? Do que recordo os que tanto falades agora o 27 de setembro de 1975 estábades caladiños e metidos na casa ? https://i.gal/gamela04 Sodes tamén vós cómplices de asasinato? Supoño que a túa lóxica histórica estará refrendada polo vello Paco Rodríguez (que por iso seica non tivo fillos, non fora ser que lle saisen fachas coma il) ?