Hablamos Español denuncia a "discriminación" do castelán en Galicia: "é unha anomalía democrática"

Nun novo informe presentado este mércores denuncian que hai "grandes empresas" que reciben diñeiro das autonomías para "eliminar" o castelán da súa rotulación.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

"Discriminación del español por las comunidades con lenguas bilingües". Esa é o título do último informe da asociación Hablamos Español, liderada pola viguesa Gloria Lago, que á parte é tamén presidenta de Galicia Bilingüe. Segundo denuncia a plataforma de Lago, os gobernos das comunidades autónomas con bilingüísmo "discriminan o emprego do español" nun amplo abano de usos que abrangue dende o emprego de documentos públicos ata a súa rotulación e campañas.

Gloria Lago, presidenta de Hablamos Español e Galicia Bilingüe
Gloria Lago, presidenta de Hablamos Español e Galicia Bilingüe

Dende a formación aseguran que a circunstancia actual a nivel lingüístico constitúe unha "anomalía democrática" que "non pasa en ningún país do mundo" e que, por conseguinte, "non se debería de aceptar como normal". E é que, segundo denuncia a plataforma, "ás persoas que piden ser atendidas en castelán, no mellor dos casos, fáiselles pasar por lentos trámites". Á parte, aseguran, estas persoas son tratadas con "desconsideración" por parte da administración, "como se fose unha rareza ou unha cuestión de ignorancia pedir o uso dunha lingua oficial ante a administración".

Dun xeito semellante, Hablemos Español centra as súas críticas nas "grandes empresas privadas" que "exclúen o castelán da súa rotulación", empregando tan só a lingua "autonómica". Dende a plataforma sosteñen que "algo así non se fai por motivos comerciais, obviamente, senón ideolóxicos". Por iso, explican, xa levaron adiante campañas para que os consumidores "fagan valer a súa forza", en particular con respecto ás empresas que "reciben diñeiro dos gobernos autonómicos para eliminar o español da súa rotulación".

GALICIA, "Á CABEZA" DA "DISCRIMINACIÓN"

A conclusión do estudo desenvolto pola formación comandada por Gloria Lago é que durante o confinamento incrementouse a "imposición lingüística" e o "diñeiro público destinado a sufragar" esta "eliminación ilegal" do castelán. Segundo explican dende a plataforma, a estela de "discriminación" ó castelán contaría con Cataluña e Galicia "á cabeza deste antidemocrático comportamento", se ben se estende a "todas as comunidades bilingües "en maior ou menor medida".

O comunicado da asociación remata facendo fincapé na necesidade de respectar a cooficilidade dos territorio, sen importancia de que "en algunhas ocasións se poida comprender ou adiviñar a mensaxe na lingua autonómica". A formación, con todo non oculta que "sería máis sinxelo, máis barato e máis comprensible para todos rotular en español en toda españa, pero supoñería vulnerar os principios de cooficialidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

3 Ricardo R.

Gran trabajo de Hablamos Español. Enhorabuena.

2 nostrus

Adelante Gloria, no te rindas ante estos canallas

1 nostrus

Es inconcebible que las pajas mentales, manias persecutorias y alucinaciones de la pandemia nacionalista tengan prioridad sobre el bienestar de la poblacion y sus derechos.