Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 14:25
A asociación querENDO Mulleres con Endometriose vén a unirse á reivindicación que a pasada semana facían os Colexios de Enfermería de toda Galicia: a creación da figura da enfermería escolar.
A agrupación entende que "no momento actual que estamos a vivir a creación da enfermería escolar é máis necesario que nunca".
No comunicado a prensa indican que a enfermería escolar debe formar parte efectiva da comunidade escolar, como xá e no estado francés, sendo desta maneira unha ferramenta clave para a educación en saúde.
Ademais, a asociación engade que máis alá do contexto actual da pandemia, esta figura debe implantarse dándolle un longo percorrido a súa existencia. No caso concreto da endometriose, sería unha figura clave para mellorar os tempos de retraso diagnóstico.
O comunicado conclúe facendo referencia ao interese que hai actualmente no contexto da pandemia á demanda de enfermería escolar para os membros da comunidade educativa que padecen patoloxías previas, diagnosticadas ou sen diagnosticar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.